lunes, 26 de noviembre de 2018

25 de Novembro

Dende a escola sumamonos a todas as iniciativas para reivindicar que se tomen medidas para eliminar a violencia de xénero dunha vez por todas. Nas aulas o alumando conmemorou esta data realizando distintas tarefas, entre as que se atopa a busca de expresións artísticas ou monumentos dedicados a mullere e reflexionar sobre o que representan. http://hoxe.vigo.org/conecenos/c_monumentos.php?lang=cas#/

viernes, 24 de enero de 2014

martes, 7 de enero de 2014

PROXECTO GALICIA 365: VIVAMOS COMO GALEGOS.

GADIS. Gadis e o orgullo galego.

Vivamos como galegos. Gadis y el orgullos gallego

GADIS. "Vivamos como galegos!". 2010. GADIS. "Supergalegos" .2011 Gadis - Vivamos como galegos, New York Vivamos como galegos, o precursor Galicia, si, e unica (galego) Galicia segue sendo unica (galego) Coida Galicia - Cariño Coida Galicia - Combarro coida galicia - Fervenza VIVAMOS COMO GALEGOS 2012. SAIREMOS COMO GALEGOS. VIVAMOS COMO GALEGOS 2013.Anuncio Gadis: Se chove, que chova! ESTRELA GALICIA 2013.

viernes, 29 de noviembre de 2013

O outono de Arcimboldo.

Arcimboldo foi un pintor italiana que creou orixinais cadros e retratos nos que empregaba elementos recollidos da natureza tales como froitas, verduras, flores e legumes.
A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo. 
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista,  coa obra "El Otoño".


Pois mans á obra. O primeiro que fixemos foi fixarnos a posición do corpo no retrato. Non é un retrato de fronte, senón de perfil. Sacámonos fotos no corredor da escola e unha vez impresas as nosas fotografías,  comezamos a debuxar cabazas, laranxas, mazás, uvas, castañas, noces,.. Non  foi  unha tarea sinxela, pero... despois de moitas sesións de traballo o acadamos  elaborar o noso propio cadro, imitando a Arcimboldo.

Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.




martes, 19 de noviembre de 2013

DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS.


Os Bolechas e Novagalicia Banco poñen en marcha un concurso escolar "Debuxa o teu cole" para todos os nenos e nenas galegos. Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de Infantil e Primaria. Os nenos terán que plasmar a súa visión particular do seu colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida. 
Dende a nosa escola imos participar nesta iniciativa. Eiquí unha mostra dos traballos dos nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro curso de educación primaria.